Os Resentidos anuncian as primeiras datas da xira ‘Organización Nautilus'

A noticia da publicación dun novo disco da histórica formación Os Resentidos foi acollida polo prensa e público como un dos eventos do ano 2021 na música galega. Tras un intenso verán e un merecido descanso, volven ao circuito no seu medio natural, as salas, co gallo de seguir presentando ORGANIZACIÓN NAUTILUS en aqueles lugares onde non chegaron da primeira volta.


E non é para menos porque este ano están de aniversario: a súa proposta de fantasía e coraxe cumpre 40 anos máis en forma ca nunca. Os Resentidos seguen a pelexar polo tesouro do rock en galego. E veñen a reivindicalo do mellor xeito que saben: enriba dos escenarios.


A primeira cita será o vindeiro sábado 5 de marzo no Garufa Club, en A Coruña, seguida do sábado 25 na Sala Karma de Pontevedra. Agardaremos ata o domingo 10 de abril para citarnos na Sala Capitol de Compostela.


As entradas están a venda a partir de hoxe a través de Ataquilla.com


En 1982, Os Resentidos eran o único grupo de rock que tiña o idioma galego como bandeira ética e estética. En 2012, vinte grupos en galego colaboraron no álbum tributo a Os Resentidos, “A Tribo Toda Baila”. O crecemento de grupos de pop e rock que empregan exclusivamente o galego no seu repertorio foi exponencial. Fatalmente, coincidiu coa crise estrtural da industria musical, pero somos os propios Resentidos os que afirmamos que hoxe hai máis talento, maior cantidade e calidade no pop, no rock e no rap en galego.Por iso, Os Resentidos, agora novamente “emerxidos”, queremos facer ese recoñecemento público das bandas en galego e facer causa común e compartida, no noso retorno, da ligua galega como un valor engadido da cultura musical de Galicia.

Os Resentidos anuncian as primeiras datas da xira ‘Organización Nautilus'

Te puede interesar

Lo más visto

Redacción
Redacción
Miguel Gómez Longo